“Unha Nai, unha Amiga e Compañeira: a Patroa dos mariñeiros”. Antón Luaces

16 Xullo 2024

Xa está aquí, coma sempre un 16 de xullo (aínda que a celebración festiva aconteza en moitos lugares de Galicia en datas propias das festas patronais de cada localidade) o Día do Carme, o da patroa da xente do mar. A que todos -crentes ou non- levan nun recuncho do seu ser. Unha fotografía, un calendario, un detente, unha medalla. A imaxe do Carme que o mariñeiro reclama na pior das circunstancias. Abenzoada sexa a Nai e Señora, Raiña dos Mares, nai, amiga, compañeira ebn cada momento; máis, aínda, cando se van as forzas, cando o mar pode e tí, non. 

Dicíame un patrón de Noia, único sobrevivente dun naufraxio rexistrado vai anos na entrada da Coruña, que salvara a súa vida pola mediación da Virxe do Carme. Cando mo dicía, eu non acreditaba a veracidade da súa afirmación. Máis, errado ou non, ese patrón (que nunca máis, após o naufraxio, volveu ao mar) ao falar da Patroa dos mariñeiros, xuraba que mentres nadaba e escoitaba os berros de compañeiros (os mesmos que os residentes nesa parte da costa coruñesa escoitaron nas súas casas) a imaxe da Virxe dáballe azos para seguir guiando o seu nadar sen pausa cara as rochas próximas.

Foi, repito, o único sobrevivente dese naufraxio. E chegados a esta data do día da patroa dos mariñeiros, sempre lembro a odisea deste patrón destemido ao que nunca imaxinei crente ata o punto de estar convencido de que se estaba vivo foi grazas a axuda da Raíña dos Mares.

“Salve, estrela dos Mares”…

E nunca máis, este patrón noiés volveu ao mar. Pero visita cada día a igrexa na que a Virxe do Carme preside o altar.

“Salve”.

Non teño motivos para negalo. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.