Foi rescatada por unha mariscadora e, malia os intentos por reanimala, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento.
Minutos despois das 14:15 horas, os xestores do 112 Galicia tiveron constancia dos feitos por vez primeira, a través dunha chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: unha mariscadora acababa de rescatar do mar a unha muller que se atopaba inconsciente, na area muradá de Anido.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración da Garda Civil e dos efectivos do GES de Muros, que se desprazaron rapidamente a esta praia situada na parroquia de Serres.
Ao mesmo tempo, os servizos sanitarios chegaron a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Malia os esforzos por reanimar á muller no mesmo lugar onde se rexistrou o suceso, finalmente nada puideron facer pola súa vida.




