Unha ducia de pintores amosan a súa arte na Pobra na mostra “Inquedanzas IV”

03 Xullo 2024

A pintura volve engalanar as paredes da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal coa exposición colectiva Inquedanzas IV. Esta mostra atópase integrada por obras realizadas por alumnado de Paola García nas clases que se desenvolven na referida instalación municipal. Ángela Campaña, Andrés Bernal, Margot Fernández, Elena Pazos, Lola Seráns, Ana Trigo, Asun Rodríguez, Carmen González, Josefa Seráns, Ana Rubio, Elena Moure e Carmela Fernández asinan estes cadros.

O acto inaugural será este xoves 4, ás 20.30 horas, e contará coas intervencións da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e parte das artistas. Haberá tamén actuación musical a cargo das Rianxeiras da Covecha.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.