“Un istmo cheirento e 20 traballadores da recolleita de ljxo sancionados”. Antón Luaces

03 Xullo 2024

Se o vento é do nordés o aire ven seco ao istmo no que asenta a cidade da Coruña, máis polo miúdo zoa o vento e o día é menos agradable. O do nordés é o vento aquí dominante. Pero non é exclusivo xa que logo o noroeste e o suroeste  xogan nesta Cidade de Cristal as súas importantes bazas. E grazas a ser un istmo, a cidade “Cabeza, guarda, chave e antemural do Reino de Galicia” -lema que figura no frontispicio do palacio municipal- ten a posibilidade de se liberar en boa medida do fedor que o lixo amoreado nas rúas desprende. 

E malia todo ese vento que zoa na cidade aberta de par en par dende Os Castros a Monte Alto, de Riazor á Mariña, favorecedor para a ventilación automática, A Coruña fede, cheira sen consolo, porque as bolsas de lixo -moitas delas cheas de restos orgánicos- amoréanse dende vai unha semana e son obxectivo predilecto das gaivotas,  as pombas e os “mergulladores” que percuran  “tesouros” entre depósitos nunca máxicos procedentes de vivendas particulares, tendas de vaia vostede saber que e froitarías que non dan vendido o xénero antes de que este entre en podremia.

Máis de medio cento de traballadores da concesionaria municipal da recollida de lixo (dos douscentos do cadro de persoal) están oficialmente de baixa, unha vintena sancionados e un sindicato (STL) en entredito, traen en xaque a un goberno municipal que non atopa -tampouco desta vez- o camiño que conduza a unha negociación efectiva para pór remate a unha situación que en absoluto beneficia aos 250.000 habitantes dunha urbe que sempre (case) se gabou de limpa e coidada.

Unha cidade que recibe nesta época milleiros de visitantes que, obviamente, non entenderán -como tampouco o entenden os cidadáns- que unha folga dos traballadores do servizo da limpeza viaria afecte deste xeito á  vida cotián dunha cidade sen que os responsabeis políticos desta movan ficha. 

Menos mal que o vento do nordés axuda e o sol non  “pega” con forza. Do contrario teriamos que retornar aos tapabocas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...