“Un iceberg, o causante do afundimento do Argos Georgia?” – Antón Luaces

26 Xullo 2024

As causas do accidente marítimo preto das Malvinas do palangreiro Argos Georgia seguen a ser investigadas. Mentres, o operativo de busca de catro mariñeiros desaparecidos no naufraxio segue interrompido por mor das negativas condicións meteorolóxicas ás que, dende un principio, cúlpanse do afundimento do palangreiro anglo-noruegués. Na tarde do mércores chegaron a Porto Stanley, nas Malvinas, (onde se atopan os seis tripulantes españois trasladados no FPV Lilibet para seren atendidos por persoal sanitario no Hospital Memorial Rei Eduardo VII). Outros dous buques, os pesqueiros Robin M. Lee cun supervivente e un falecido, e o Puerto Toro, de bandeira chilena,  que traslada os corpos de oito finados,  puideron quedar por fin atracados no porto da capital das illas. 

Nesta xornada do xoves, estaba prevista a saída de España dun avión fretado  polo Goberno para trasladar dende Porto Stanley a, probablemente Madrid, tanto aos tripulantes rescatados con vida como aos oito falecidos. 

Aínda que, oficialmente, non se desbotan outras posibilidades, barállase a vía de auga como principal causa do naufraxio. De todos os xeitos, persoal técnico pertencente a talleres de ampla tradición na reparación de buques na Coruña, dan como moi probable que o Argos Georgia colidira cun iceberg de non moi grandes dimensións que “navegara” ao garete entre augas e que non fora localizado nos sistemas de radar do buque. De se ter producido tal colisión e malia as modernas técnicas aplicadas na construción do buque agora afundido, só o sinalado xustificaría o afundimento nas circunstancias rexistradas dun buque dotado de sistemas de peche hermético automático de portillos de compartimentos como a sala de máquinas, as bodegas e zonas de habilitación, que manterían a estanqueidade do buque impedindo o afondamento en tan escaso tempo.

Entre os oito mortos trasladados figuran os galegos César Acevedo, de Vigo, e Santiago Leyenda, de Baiona. O primeiro, patrón de pesca, e o segundo, cociñeiro principal do Argos Georgia.

Agora queda por identificar oficialmente os corpos e determinar a causa da morte. Entre os catro mariñeiros desaparecidos figuran dous veciños da comarca do Barbanza: un de Noia e outro de Ribeira.

Os tripulantes españois do buque sinistrado serán repatriados esta fin de semana, sempre e cando as investigacións do naufraxio o permitan, por canto deben prestar declaración en Malvinas antes de retornaren a España. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.