Segue aberto o prazo de matrícula para o Campamento Dixital para a mocidade que organiza o Concello de Rianxo. A ficha de inscrición está dispoñíbel na web municipal. A actividade, que se desenvolverá no Auditorio de Rianxo do 22 de xullo ao 02 de agosto, para mocidade de 13 a 17 anos, ten como obxectivo fundamental formar a mozos e mozas en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital.
O Campamento Dixital de Rianxo será gratuíto e terá unha duración de 15 días, de luns a venres de 10.30 a 13.30h. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais.

Trátase de dous campamentos dirixidos aos seguintes grupos de idade e cos seguintes contidos:
De 12 a 13 anos
Benestar dixital
Seguridade, privacidade e reputación na Rede
Filtros eficaces e ferramentas de buscas
Comunicación en liña e prevención do ciberacoso
Compartir ideas e contidos en Internet
De 14 a 17 anos
Saúde dixital: hábitos saudábeis e benestar dixital
Retos víricos e comportamentos positivos e negativos nas redes sociais e en Internet
Protección de datos, identidade dixital e reputación en liña
Liberdade de expresión e respecto en contornas dixitais
Profesións emerxentes e competencias dixitais para a busca de emprego



