O Concello de Rianxo sacou a Julián Bustelo os traballos para mellorar o viario de acceso ao Parque Empresarial de Té dende os núcleos da Laxe (Taragoña) e o Montegrande (Asados). A actuación, que conta cun orzamento base de licitación de 59.976 euros, consistirá fundamentalmente na instalación dunha rede de recollida de pluviais e a reposición do firme cunha capa de mestura bituminosa en quente. Para esta actuación, o Concello recibiu unha axuda de 58.056,77€ da Consellería de Economía e Industria para a reforma integral do dito viario.




