Preocupación no mundo do mar polo naufraxio do “Argos Georgia”, a 370 quilómetros de Puerto Argentino o leste das Malvinas nunha zona moi complicada para a navegación.
De momento dos 27 tripulantes, catro deles de Ribeira foron rescatados con vida uns 14, seis tripulantes faleceron, mentres sete permanecen desaparecidos. Dos ribeirenses tres deles xa se puxeron en contacto coas súas familias para decir que estaban ben e de momento siguese á espera das novas do cuarto veciño.
Desde o Concello de Ribeira indican que están a seguir con preocupación as tarefas de rescate dos mariñeiros do barco “Argos Georgia”, afundido nas Malvinas. O concello esta a seguir en contacto permanente coa Delegación do Goberno e coa Consellaría do Mar.
Desde o concello amosan o apoio e cariño aos mariñeiros e ás familias que agardan novas sobre os seus seres queridos. O alcalde ribeirense, Luís Pérez Barral ,declarou O Barbanza estar a disposición das familias para todo o que poidan precisar.
Ata o momento as malas condicións meteorolóxicas impiden o despegamento de helicópteros para o rescate, decisión que se revisa cada hora por se houbese unha xanela. Igualmente, estas condicións climatolóxicas dificultan as posibilidades de rescate por parte dos buques pesqueiros na zona.
Mentres desde a sociedade ribeirense amosan a súa preocupación polos mariñeiros e o apoio ós familiares. Así dende as Amas de Casa de Ribeira amosaron todo seu apoio e cariño ós familiares e os tripulantes do “Argos Georgia” especialmente ós veciños de Ribeira.

O Argos Xeorxia foi construído no 2018, medía 54 metros de eslora e 13 de manga, e estaba abandeirado en Santa Elena. Pertencía á empresa británico-norueguesa Argos Froyanes contando con 27 tripulantes, dez deles españois e catro veciños de Ribeira.



