Ribeira segue a celebrar a LXXVI edición da Festa dá Dorna, unha programación que se desenvolverá ata o 24 de xullo na cidade.
As festividades arrincou este xoves 18, con 76 badaladas na igrexa parroquial ás dez da mañá, anunciando o inicio da festa. A continuación, ás 11, levouse a cabo o percorrido do facho dorneiro, que incluirá un tramo para persoas neurodiverxentes, seguido polo “enjalanamento” de fanequeiras.
A xornada continuará coa cerimonia de iniciación e o pregón a cargo de Xurxo Souto,ás 22 horas, vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto, culminando cunha macroqueimada, proxeccións mapeadas na fachada da igrexa de Santa Uxía e o primeiro concerto do Rock and Dorna coa Orquestra Bravú Banda Xanga.
O día 19 celebrarase a primeira xornada do roteiro de tapas Estrelas Mijelín, o maratón, un mercadillo solidario, o concerto de Recambios Tucho en Pórtaa do Sol, novas proxeccións de vídeo no templo parroquial e o guateque con sete picadiscos en diferentes localizacións: Kike Varela DJ e Mateo Abelleira na Praza de Pontevedra, DJ CT na Rúa Alcalá Galiano, DJ O Fillo do Médico en Pórtaa do Sol, DJ Gee na Rúa do Peirao, DJ @zuguiirg en Ídolos e DJ Orenes na Praza de Vigo. Ademais, Pan de Leña actuará na Caseira e o Metalfest Dorneiro celebrarase no Chiringuito de Pedra Pateira.

O 20 de xullo será o Día do Orjullo Jaiteiro, coa Xuntanza de Embarcacións Tradicionais, o segundo día do roteiro de tapas, o gran folión na Praza de Teruel, xogos e deportes populares no aparcamento de Coroso, onde tamén se celebrará unha minidisco infantil. Pola noite, terá lugar a primeira xornada do certame itinerante de Canción de Tasca polas fanequeiras.
O domingo 21 celebrarase o Gran Prix de Carrilanas ás sete e media da tarde, tras a súa exposición no Malecón e subida pola costa da Mámoa. A final da Canción de Tasca será ás 21.50 horas en Pórtaa do Sol, seguida do concerto do grupo Nativa ás 22.30.
O luns 22, no paredón do peirao comercial, levarán a cabo os xogos de mar ás 16:00 e o Gran Premio *Ícaro de Voo sen moto ás 18:00. A noite culminará co festival Rock and Dorna no escenario do Malecón, incluíndo o Ji Jó Dorneiro, e os concertos de Nadal015 (21:30), John Pollón & Friends (23:00) e a batalla de Jallos (00:30).
O 23 de xullo incluirá a quinta edición do maratón infantil, o Rock and Dorna de Batea con The Tetas Van en Area Secada, o trinautlón dorneiro a cargo de Geckos Surf School, o exame de patróns (22:20) e un concerto de Me fritos & The Gimme Cheetos a medianoite no escenario do Malecón.
O último día, 24 de xullo, festivo local, comezará ás once da mañá coa expovarada de embarcacións no Malecón. Unha hora despois, as embarcacións dirixiranse á praia de Coroso, onde ás 14:20 darase o pistoletazo de saída da XXXIV Regata de Embarcacións Feitas a Machada e propulsión a Pan de Millo Gran Premio Cutre Sark. Posteriormente, celebraranse a romaría, xogos, o campionato mundial de chinchimonei e o top secret coa marea dorneira asolagando as rúas desde as oito da tarde. A noite pechará co concerto de Mojinos Escozios (22:30), a entrega da Copa dá REI (00:30), a actuación de Quinkillada (00:40), a arriada da pañoleta, o asalto ás fanequeiras e a entoación do Miudiño.

PROGRAMA (versión castelán/dorneiro)
Jueves, 18 de Julio
- 09:59 Satenta e Seis Badaladas. Empieza con las campanadas la fiesta.
- 11:11 O Facho Dorneiro recorrerá las calles y plazas de Ribeira.
- 16:06 XXXIII Edisión do Enjalanamento das Fanequeiras.
- 21:49 Serimonia de Inisiasión con el esperado Prejón en la Porta do Sol.
- 22:58 Macroqueimada Dorneira. De la mano de Lampreas máis Preas.
- 23:06 Proxecións mapeadas en la fachada de la iglesia.
- 23:33 RockAndDorna: actuación de la Orquestra Bravú Banda Xangai.
Viernes, 19 de julio
- 12:27 X Ruta de Tapas Estrella Mijelín.
- 16:36 Maratasón Dorneiro. Desde el Callejón do Cúpula.
- 17:59 Mercadillo Solidario Dorneiro.
- 21:59 RockAndDorna: Concierto de Recambios Tucho.
- 23:33 Proxecións mapeadas en la fachada de la iglesia.
- 00:02 Dansin In De Siti: en diferentes puntos de la localidad, con las actuaciones de Kike Varela Dj, Mateo Abelleira, Dj C.T., Dj El Hijo del Médico, Dj Gee, Dj @zuguiirg, Dj Orenes y Pan da Leña. El Metalfest Dorneiro en la Sala Heaven&Hell do Chirinjito de Pedra Pateira.
Sábado, 20 de julio
- 10:51 Día do Orgullo Jai-Teiro amenizado por las bandas Suasebe, Enxebres de San Lázaro, Tahume, Laghareu, Trecola, Liantes, Riparia, Borja e Cía, Andavia, Río de Anxo y A Banda de Calo.
- 11:01 VIII Xuntanza de Embarcasións Tradisionais.
- 12:27 X Ruta de Tapas.
- 17:32 Jran Folión.
- 17:02 XXXII Xojos e Deportes Populares de Terra.
- 18:00 Minidisco Infantil en Coroso Music Párquin.
- 21:29 XXXIII Sertame Itinerante da Cansión de Tasca.
Domingo, 21 de julio
- 16:27 Exposisión de Carrilanas.
- 18:18 Subida das Carrilanas.
- 19:39 XXXIII Jran Prix de Carrilanas.
- 21:49 XXXIII Sertame Itinerante da Cansión de Tasca.
- 23:29 RockAndDorna: Concierto de Nativa. Porta do Sol.
Lunes, 22 de julio
- 16:02 XXXII Xojos e Deportes Populares de Mar.
- 18:04 XXXII Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor.
- 21:01 RockAndDorna: Ji JÓ Dorneiro. En el malecón.
- 22.58 Actuación John Pollón&Friends.
- 00:37 Batalla de Jallos Dorneiros.
Martes, 23 de julio
- 11:01 V Maratasón Infantil.
- 16:01 RockAndDorna de Batea: The Tetas Van en concierto.
- 17:06 Trinautlón Dorneiro: Geckos Surf Schul.
- 22:22 XXXIII Examen de Patróns.
- 00:09 RockAndDorna: Concierto de Me Fritos & Gimme Cheetos.
Miércoles, 24 de julio: Día da Dorna
- 11:11 Expovarada de Embarcasións.
- 12:02 Saída das Embarcasións.
- 14.24 XXXIV Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo.
- 15.03 Romería Dorneira.
- 15:31 Consierto Antisiesta: Trécola.
- 16:04 Xojos Dorneiros.
- 17:52 Campionato Mundial de Chichimonei.
- 19:46 Consentrasión da Marea Dorneira.
- 22.42 RockAndDorna: Concierto de los Mojinos Escozíos.
- 00:32 Entreja da XI Copa da Rei.
- 00:38 Actuación de Quinkillada.
- 01:46 Arriada da Pañoleta, Asalto ás Fanequeiras y Entonasión do Miudiño.



