Renfe estrea este luns en Galicia os novos servizos Avlo

21 Xullo 2024

A compañía iniciou a venda de billetes para estes trens o pasado día 5, acompañados dunha campaña de ‘Superprecios’ desde 7 euros para viaxar ata o 30 de setembro. Estes servizos prestaranse cos novos trens S106 de Renfe de rodadura desplazable e con 581 prazas, que son os convois con maior capacidade de viaxeiros por tren que circulan actualmente pola rede nacional.
Á oferta comercial actual entre Galicia e Madrid sumaranse a partir de mañá dous servizos Avlo diarios, un por sentido, que alternarán as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago
de Compostela. Estes trens realizarán parada en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV/AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra:

  • Madrid-Galicia: Avlo con saída ás 17.08 horas con destino A Coruña , os luns, mércores, venres e sábados, con chegada ás 21.04 horas. E destino Vigo Urzaiz os martes, xoves e domingos, con chegada ás 21.37 horas.
  • Galicia-Madrid: Avlo con orixe A Coruña ás 6.34 horas os martes, xoves, sábados e domingos. E de Vigo Urzaiz os luns, mércores e venres ás 5.57 horas, con saída desde Santiago ás 7.06 horas e chegada a destino ás 10.32 horas.


O resto da oferta comercial entre Galicia e Madrid mantén as súas frecuencias actuais, aínda que con algunha leve modificación horaria en tres trens (Madrid 18.25-Ferrol 0.04, A Coruña 19.30-Madrid 23.03 e Madrid
20.23 – Ourense 22.37, máis información nesta ligazón).
A estrea do Avlo este verán chega con trens S106 con maior capacidade, 581 prazas repartidas en 12 coches en filas de 3 2, supoñerá un incremento de máis de 8.000 prazas semanais na oferta do corredor Galicia-Madrid.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.