Os ventos procedentes desde o Atlántico traerán moita humidade á costa e aínda con aire frío nas capas altas da atmosfera, fonte de inestabilidade. Con isto, teremos brétemas en todo o litoral e ceos máis abertos no interior.
Pola tarde abriranse claros na costa e no interior medrarán nubes de evolución que deixarán algún chuvasco illado no leste. As temperaturas sufrirán entre un lixeiro a moderado descenso especialmente no litoral quedando sobre os 26-28 graos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, cambiando a norte ao final do día.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



