Un dos varóns golpeou cun asento de bicicleta ao outro a plena luz do día. As testemuñas din que a lea comezou na vivenda ocupada da rúa Xosé Ramón Barreiro.

Segundo recolle a TVG a pelexa empezou no portal do edificio ocupado da rúa Xosé Ramón Barreiro e rematou preto da rotonda.
Despois dun intercambio de reproches, un dos varóns golpea fortemente o outro empregando un asento de bicicleta. A muller que os acompaña tenta mediar para que paren, pero non o logra. Tampouco responden ás advertencias dos veciños.
Malia os golpes recibidos, esta testemuña logrou ver como o agredido saíu polo seu propio pé da zona minutos despois. A Policía Local acudiu ao lugar pola chamada dos veciños, pero os homes xa se separaran e non houbo denuncias.
Segundo din veciños e comerciantes, as pelexas na contorna do edificio ocupado son habituais porque dentro, sospeitan, véndese droga.



