“Para a próxima semana”. Luís Celeiro

27 Xullo 2024

Choveu e volverá chover cando lle cadre, cando o digan as meteorólogas ou cando, pola contra, digan que aperta o sol, o sol de xullo, deste mes caloroso, no que cando lle toca quentar, quenta. A partir de agora, despois do San Santiago, mingua o verán, minguan os días, cambia o tempo e todo cambia.

Incluso cambia o razoamento, a mesura e o modo de falar, de opinar e de arengar dos políticos, eses profesionais malabaristas que cambian cando lles da a gana. Deses que son quen de cambiar o dicionario, palabra a palabra e a mil voltas por minuto. Calquera político é capaz de ser amigo e inimigo teu ou de calquera, en breves instantes e a calquera hora de calquera día dun ano calquera. 

Eles marcharon convencidos da súa certeza, e ti? Ti que pensas dos falabarato? O albanel que traballa na casa do veciño pasa a xornada pendente do tempo. Vai, coa vista posta noutra obra, mirando cando cambia o tempo. Daquela, viremos rematar estes exteriores, díxolle á ama, coa que tiña contrato asinado dende hai un par de anos. 

Pero,- non poderán vir e poñer esa porta de fóra?, dixo a propia ama. -Si señora, non faltaría máis, “para a semana que vén, como lle dixen o outro día, vimos e rematamos o que falta, un ou dous días de traballo, para dous ou tres operarios”. Se cadra, xa vimos antes, tan pronto cambie o tempo. E, cando cambiará o tempo?, dixo a ama. Antes saías á ventá, mirabas a negrura da noite, escoitabas o ruxir do tempo e vías como amencia mañá. Agora é outra cousa, a informática, a telemática, a intelixencia artificial e os cambios climáticos  non che permiten abrila a fiestra. 

A señora, sabedora de que ten as portas fechadas para o raonamento, con certo desasosego, chegou á casa, acendeu a televisión e díxolle ao seu compañeiro Xoán Miranda, que estivera atento ao tempo, aos partes meteorolóxicos do mediodía e da noite, para saber cando sería o día no que  Balbino retomara a obra e comezará a colocación da porta. Quen sabe? Será para a próxima semana!

Xoán Miranda escoitouna, mirouna e murmurando acendeu a televisión, “se chove porque chove e se quenta o sol, con esa calor soleada, hai que ir á praia. Primeiro á festa do patrón e logo, despois de xantar, a onde se poida. A obra está aí e, a pesar de que é hora de avanzar e rematar, o mellor é calar e agardar. De traballar, como di a Tía Manuela, que ninguén se acorde, é tempo perdido. 

Cando pasa o verán, o outono entra triunfal e, decontado, chega o inverno murcho e un ano máis. Mentres tanto a obra segue esperando pola vindeira semana, esa tan próxima que non chega nunca.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.