“Os mariñeiros tamén choran” – Antón Luaces

27 Xullo 2024

Houbo un tempo no que, sendo un neno, se chorabas sempre había alguén que tentaba sinalar o camiño a seguir con frases tan tópicas como “os homes non choran” para que deixaras de te laiar por un acontecemento que non che cadraba.

Aos xa meus moitos anos -deles máis de 50 adicados ao xornalismo- estou e condicións de asegurar que quen iso pensa, vai errado. Porque chorar non é algo exclusivo da muller: os homes tamén choramos, sinaladamente cando algo nos peta forte e duro e non tés outra resposta ao que chega que verter bágoas que saen do máis fondo do teu ser. Eu vin chorar a moitos homes que xunguían a esta condición a de ser mariñeiro, home de mar afeito a todo canto o mar demanda e da, como é a morte dun compañeiro. 

Por isto precisamente, imaxino a dor dos tripulantes rescatados con vjda do naufraxio do palangreiro anglo-noruegués Argos Georgia ao comprobar en Porto Stanley, capital das Malvinas, que faltan catro compañeiros por recuperar e outros nove xa nunca máis poderán deixar constancia da súa presencia viva a bordo: están mortos e o único consolo que lles queda aos vivos é o saber onde van ser, dun ou doutro xeito, soterrados. 

Xunto coas bágoas físicas están esas outras incalificables por seren secas, punxentes, que agochan pensamentos e verbas non pronunciadas e que dan paso ás reflexións que son, para os mediocres, especulacións. Que foi o que pasou para que un buque tan novo, con tanta e boa tecnoloxía a bordo, afundira durante un forte temporal de mar e vento, cando estaba a proba de icebergs; que perde tantos cualificados tripulantes cando estes, todos eles, estaban preparados para facer fronte a circunstancias como as do mércores a 170 millas ao leste de Malvinas?. 

Un xefe de máquinas, con anos de experiencia no oficio e que veu chorar a homes-xigantes mariñeiros fai este aserto: “Tamén hai que pensar nun contedor ao garete; pero vou máis alò: onde están os compartimentos que aseguran a flotabilidade do buque?”.

E non se trata de especular. 

Se de saber que un avión do Ministerio de Defensa é o encargado polo Goberno de trasladar dende Malvinas a España, aos 14 superviventes e 9 falecidos no naufraxio do palangreiro anglo-noruegués Argos Georgia, con bandeira de Santa Helena. A repatriación, se o tempo o permite, vai ter lugar esta fin de semana dende a capital das Malvinas, onde permanecen os 14 rescatados con vida e os 9 finados, seis destes españois (entre eles dous galegos). Uns e outros levaban postos traxes térmicos cando os recuperaron, o que fai crer que os catro desaparecidos  tamén os levaban.

O Goberno de Malvinas prevé que, durante a fin de semana, dous buques retomen a busca dos catro desaparecidos, ao mesmo tempo que solicitou dos buques que pesquen ou naveguen pola zona do afundimento realicen labores de rastrexo. Entre os catro sinalados hai outros dous galegos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.