Os concellos de Barbanza Arousa denuncian que a suba do canon de SOGAMA prexudicará á veciñanza

10 Xullo 2024


Os concellos de Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) veñen de mostrar o seu rexeitamento ao incremento do canon de SOGAMA, a empresa titularidade da Xunta (51%) e da eléctrica Naturgy (49%) que xestiona os refugallos de case 300 concellos galegos, que anunciou estes días unha suba das súas tarifas, algo “prexudicial para a veciñanza” segundo informan dende os gobernos locais da beira sur do Barbanza.

Lembran que a proposta de incremento do canon prevese en dúas etapas durante o ano 2024, a 68,05 por tonelada de xaneiro a xuño e a 88,05 de xullo a decembro. Fontes municipais consideran que “é unha medida de dubidosa legalidade porque se aplica de maneira arbitraria a algúns concellos” e “faise sen antes cambiar a lei pola que se aprobou a bonificación do 15% que tiñan os concellos que levaban a cabo medidas positivas no ámbito da recollida separada dos biorresiduos”. Segundo din, esta medida “obrigará aos concellos a aprobar modificacións das ordenanzas fiscais porque as novas taxas téñense que repercutir nos recibos que pagan as persoas usuarias”.

Dende os consistorios de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo recriminan que a Xunta “vaia castigar á veciñanza pero tamén aos concellos aos que lles vai detraer do Fondo de Cooperación Local 9 millóns de euros para financiar unha parte desa suba, prexudicando o financiamento que teñen as propias entidades locais”.

Dende os gobernos locais cren que “é preciso apostar por un modelo de xestión dos residuos que sexa sustentábel e que non cause un prexuízo ás economías municipais nin teña un aumento de custes para as veciñas e veciños” polo que lle piden á Xunta de Galicia que reconsidere esa medida e sente a falar cos municipios no seo da FEGAMP para acadar consensos no ámbito da xestión dos residuos.

Os alcaldes José Ramón Romero (Boiro), Julián Bustelo (Rianxo), Luís Pérez Barral (Ribeira) e José Carlos Vidal (A Pobra)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.