“O virus da indiferenza” – José Manuel Pena

17 Xullo 2024

En demasiadas ocasións coméntase que o gobernante e políticos non viven a realidade da rúa e están entre as moquetas dos seus despachos oficiais. Pode ser verdade, pero o peor é que unha gran parte da sociedade civil tamén está allea a esa realidade. Á realidade sobre a problemática das súas veciñanzas, dos seus barrios, dos seus pobos e cidades. Sobreviven cada día no seu mundo particular, dentro das súas chozas, encerrados e resgardados entre muros dos seus chalés ou residencias particulares, mesmo con gardas e cámaras de seguridade.

Hai xa algunhas décadas, cando un era máis novo, lembramos con algo de nostalxia a solidariedade e a colaboración veciñal existente para axudarse e colaborar entre todos, para levantar as súas vivendas habituais, para traballar as súas leiras privadas, para coidar dos animais, para limpar e arrombar os terreos e camiños públicos. Para recadar fondos ou alimentos para as familias máis vulnerables, a pesar de que a maioría se atopaban en situacións moi similares.

Estamos como adormentados ou enfermos co virus da indiferenza. A maioría, levantámonos, cada mañá, como zombis. Do traballo a casa e de casa ao traballo. As fins de semana tomámonos unhas cañas cos colegas e comentamos as pequenas “batallitas” da semana pasada. Apenas nos paramos a pensar e moito menos a reflexionar. Preferimos que nos dean toda a información, desde a caixa parva ou ben do xornal de confianza, aínda que non saibamos quen son os membros dos seus consellos de administración nin as empresas que os financian.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...