O Verán Cultural de Rianxo vén con festivais, celebracións gastronómicas, exposicións e feiras de libros e videoxogos

16 Xullo 2024

O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura de Rianxo, vén de dar conta das diferentes actividades programadas para estes meses estivais ao abeiro do programa Verán Cultural 2024. A axenda inclúe dende as tradicionais Festas do Carme celebradas os días pasadas ata actuacións como a do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, pasando por citas clave do calendario rianxeiro como o Festival Noites de Jazz ou o Rianxo Gaming.

O programa comezou o 6 de xullo co XX Festival Fogo Fatuo e proseguiu a fin de semana seguinte co XIX Ciclo de Bandas e coa Noite de Folc (con Silvaredonda e Ailá) e coas devanditas Festas do Carme, e tamén coas Festas de Verán de Taragoña.

As actividades do Verán Cultural retómanse este 20 de xullo cunha nova actuación do XIX Ciclo de Bandas (Banda de Música Xuvenil de Barro, ás 21.30h no Campo de Arriba).

A axenda prosegue o mércores 24 coa apertura da Feira do Libro de Rianxo (até o 27 de xullo), cun espectáculo de Inventi Teatro (As palabras perdidas, o mércores 24 ás 21.30 no Campo de Arriba), co concerto de Budiño (o mércores 24 ás 23h na praza de Castelao), cun novo concerto do XIX Ciclo de Bandas (coa Banda da Escola de Música de Rianxo e Brincadeira, ás 21.30h no Campo de Arriba) e cunha actuación de Catuxa Salom (o 27 de xullo en Campo Maneiro, Taragoña, ás 21.30 horas).

Tamén podemos visitar as exposicións de Antonio Pérez (As mulleres e o mar, no Auditorio) e o Pacto Verde Europeo na praza de Manuela, até o 29 de xullo.

Ademais, entre o martes 23 de xullo e o venres 26 celebrarase a Festa da Xouba no Campo de Arriba, en Rianxo.

E o 27 de xullo, o XVI Festival Antrospinos en Campo Maneiro, Taragoña.

Ademais, o 30 de xullo arrinca unha nova edición do Festival Noites de Jazz, que se estenderá até o 2 de agosto. Actúan Big Band da Escola de Música de Rianxo (o 30 ás 22h), Simón García Quartet (o mércores 31), Marcel Pascual Quinteto (o 1 de agosto) e The Sar Swing Quintet (o venres 2).

O domingo 4 de agosto haberá Noite de Folc no Araño, con Tanto Nos Ten, ás 20h.

O xoves 8 de agosto haberá un festival de Cultura Urbana no Campo de Arriba e na praza de Castelao (coa Vella Escola e a súa Ópera Break) e unha observación astronómica no parque de Galicia ás 21.30h (Programa Noites Astronómicas 2024).

O venres 9 de agosto actúa o Mago Teto no Campo de Arriba (ás 21h), o sábado 10 arrinca a feira de videoxogos Rianxo Gaming.

Do luns 12 de agosto ao 19 celébrase o festival de monicreques Titiriberia.

Ademais, celebraranse as Festas dos Milagres de Rianxo (do 2 ao 4 de agosto), a XIII Festa do Mexillón de Rianxo (o 3 e o 4 de agosto) e a Festa Gastronómica na Veliña (Leiro), o 10 de agosto.

Xa en setembro será a quenda do Rock In Rian (6 e 7) e das Festas da Guadalupe.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.