O Verán Cultural da Pobra trae espectáculo, teatro e música na cuarta semana do mes de xullo

19 Xullo 2024

Catro citas lúdicas desenvolveranse na Pobra do Caramiñal nos vindeiros días ao abeiro da programación do Verán Cultural impulsado pola Concellaría da Cultura. “Seguimos dinamizando a localidade con propostas culturais concibidas, maioritariamente, ao aire libre. E se algo podemos destacar da cuarta semana do mes de xullo é o importante papel que xogará aquí o noso tecido asociativo”, manifestou a edil Patricia Lojo.

Kalambre Cultural traerá un espectáculo dirixido a público infantil baixo o nome de Sideral Circus Tour. Dúas guías siderais doutra galaxia están na procura de persoas con imaxinación, pois precisan atopar a semente da creatividade, extinguida xa no seu planeta. Mentres a buscan, levarán ás persoas espectadoras por un percorrido circense. Chega coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e terá lugar no martes 23, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

Bradomín Teatro, da Asociación de Amas de Casa da Pobra, levará a escena a función Unha residencia con moita marcha, que relata a vida tranquila dunhas persoas dunha residencia que se ve alterada pola chegada dunha nova directora ao centro con moi mal carácter. Coñecerán co paso dos días, ademais, que un famoso cantante dará un concerto na vila, polo cal os/as residentes queren ir á festa e iso desencadeará momentos divertidos e risas aseguradas. Representarase no xoves 25, ás 21.00 horas, no Teatro Cine Elma.

E tamén será unha semana chea de música: a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra ofrecerá un concerto no venres 26, ás 22.00 horas, e a Asociación de Amas de Casa da Pobra interpretará o seu Festival de Verán de Canto, Baile e Música Tradicional Caramiñas no sábado 27, ás 21.00 horas. Ambos terán como epicentro o Cantón da Leña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...