O sábado 27 de xullo o monte do Bolo (Noia) acollerá a terceira edición do Bolo Fest, unha romaría urbana que promete ser unha das grandes citas musicais (e gastronómicas) deste remate de xullo. Actuarán DJ Pichi, Morefortys, The Cods, Sara & Majos, Tano Saníns, Onda Dagda, Fla-Meco e Boomers. As entradas poderán adquirirse de maneira anticipada a 2 euros en tres locais hostaleiros (JaraTusas, Manducka e Fina Stampa) e na billeteira a 3 euros. A recadación será para Cruz Vermella. Contarase con polbeira e outros produtos típicos, sen esquecer aos bolos preñados. O Bolo Fest abrirá as súas portas ás 14.00 horas. Cóntase coa colaboración de Cultura de Noia.




