O PP de Ribeira esixe ao Goberno local traballar na mellora dos servizos e equipamentos nos areais

19 Xullo 2024

O Grupo Popular de Ribeira, a través do concelleiro Alejandro Vidal Álvarez, vai presentar ao pleno da Corporación Municipal unha proposta relativa ao turismo local e ás medidas de urxencia que se poden poñer para reactivalo.

“Atopámonos encarando a segunda quincena do mes de xullo, un mes de máxima afluencia no noso concello e por extensión nas nosas praias onde, se o tempo o permite, concéntranse un gran número de veciños e tamén de visitantes. Se un frecuenta o entorno dos areais ou mesmo as rúas do municipio nos últimos días será coñecedor de que unha das queixas que máis nos traslada a veciñanza é o seu malestar pola carencia dos servizos básicos nas nosas praias, tales como os aseos portátiles ou as boias de sinalización dos limites, as cales permiten un baño seguro sen correr riscos de achegamento de embarcacións os areais”, explica o concelleiro, estendendo a súa crítica á renuncia do Concello de solicitar a Bandeira Azul para a praia de Coroso e preguntándose “cando van chegar as melloras dos servizos turísticos que anunciou o Concello antes do verán”.

E engade: “É un feito que si que podemos ver como a praia de Coroso goza duns aseos permanentes, fixos e que mostran unha estética integrada de acordo ao que o noso municipio merece. A primeira instalación foi xa implantada co anterior goberno que, pese ás reiteradas negativas da entón oposición a aprobar unhas contas públicas onde se contaba con partidas para poder instalalos, foi quen de atopar financiamento a través doutras administracións para comezar unha implantación que consideramos debe ser progresiva no noso concello polo servizo que sempre dan pero tamén polo que aportan no eido turístico mellorando a imaxe dos espazos públicos. E foi nesa busca de recursos como deixamos conseguida outra subvención, a través da Xunta de Galicia para embelecemento do litoral, coa que agora se desfruta de outros dous aseos a maiores.

Ao seu xuízo, a día de hoxe “non é que melloraran os servizos senón que vense recortados cun verán que xa está chegando ao seu ecuador, porque despois de revisar todos os areais comprobamos a ausencia de aseos portátiles no Touro, na Area Secada, na Ameixida, nos Mosqueiros, en Castiñeiras, no Castro-Catía… etc”.

O concelleiro engade que “ningún destes areais dispoñen das boias de sinalización como si dispoñían en anos pasados”, e, ademais, “as pasarelas de madeira teñen que ser sorteadas de conos e cintas policiais en pleno verán por todos os paseantes que as transitan, que son moitos”.

A moción inclúe os seguintes puntos:

• A colocación de aseos portátiles nas praias como servizo prioritario para os usuarios.

• Implementar de forma progresiva as instalacións de aseos de carácter fixo nos areais con máis afluencia.

• A instalación das boias de sinalización nos areais onde o tránsito próximo das embarcacións supoña un perigo para os bañistas.

• Aplicar un mantemento ás zonas anexas ás praias, facéndoas máis limpas e máis accesibles, especialmente na época estival na que nos atopamos cando aumenta notablemente a afluencia deses espazos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.