O Museo do Gravado de Artes rende homenaxe ao Castelao debuxante do xornal “Galicia” e de “Cincoenta homes por dez reás”

16 Xullo 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) inaugurou o pasado 12 de xullo unha nova exposición que nos colle de preto ás veciños e veciñas do Barbanza e máis polo miúdo de Rianxo, xa que rende unha nova homenaxe ao ilustrador, debuxante, político, escritor e intelectual rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, poñendo o foco na parte da súa creatividade que empregou para plasmar as diferentes tipoloxías masculinas do seu tempo. Trátase da exposición Os homes, de Castelao na colección Roberto Taboada.

A mostra exhibe os traballos do rianxeiro publicados no xornal vigués Galicia durante o ano 1925 e logo utilizados na publicación Cincoenta homes por dez reás (1930). Por primeira vez poderanse ver as 68 pranchas de cinc orixinais utilizadas na prelo da publicación acompañadas polas publicacións orixinais do xornal Galicia. Tamén se expón unha pequena mostra de distintas edicións do volume Cincoenta homes por dez reás.

Colaboran na edición do catálogo o Concello de Rianxo e o Concello de Ribeira.

Na inauguración participaron o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, o director do Museo, Pastor Rodríguez, e alcaldes da nosa comarca como Luís Pérez Barral (Ribeira) ou Julián Bustelo (Rianxo). Segundo confirmaron a mostra chegará a Rianxo no mes de xaneiro no marco dos Actos Castelao 2025.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.