Comezaremos a xornada con néboas en puntos do interior e ceos pouco nubrados ou despexados no resto, que en xeral se manterán o resto da xornada. Brétemas costeiras no litoral, máis probables na segunda metade do día. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable en xeral.

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0 a 0.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



