O mercado de artesanía e gastronomía impulsado por ONyVÁ Eventos volve ás Festas do Carme de Rianxo

09 Xullo 2024

ONyVÁ! Eventos vai celebrar a nova edición do seu mercado de artesanía nas Festas do Carme de Rianxo.

O domingo 14 de xullo, representantes da nosa artesanía e gastronomía máis creativa parten rumbo a terras rianxeiras onde estarán no Campiño (Alameda) de 11:00 a 20:00 con máis de 15 marcas que “destacan”, en palabras da produtora ONyVÁ!, “o talento artesá da nosa terra”. Esta é a primeira parada da viaxe que percorrerá outras zonas de Galicia durante a época estival, que os levará á Rilla na Rúa de Nigrán (25-28 de xullo), a Portosin (3-4 de agosto), e a San Vicente do Grove (17-18 de agosto).

Algunhas das marcas participantes nesta primeira parada son: Pampillo Store, Rilla Rilla, Paseloqpase, Sovoral, Con un poco de papel, CienPorCel, Salitre joyas, Moura, Maruxiña Voavoa, Quesos Feijoo S.L, Jerolas, Olad, Maraiva Sentir Natural, Sacrapastas e Artcoíris.

Queixos, galletas, mel, xoiería, roupa, complementos… son algúns dos produtos que poderemos atopar este vindeiro domingo no mercado de artesanía e marcas creativas de ONyVÁ!

Outros artigos

Venres regresa o sol e as temperaturas seguen baixas

Galicia quedará de xeito transitorio baixo predominio da influencia anticiclónica durante o venres. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes pola mañá, con precipitacións febles e illadas. máis probables no extremo norte de Galicia. Pola tarde teremos ceos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...