O Grupo Scout San Jorge 33 acampa este verán en Outes e achega 5 prazas para a rapazada local

03 Xullo 2024

Os Scouts de Galicia (San Jorge 33) acamparán este ano no concello de Outes. Farano durante o mes de xullo no espazo recreativo do Albán e, por este motivo, reservan 5 prazas para os nenos e nenas de Outes que naceran entre o 2010 e o 2012. O prazo máximo de inscrición é o 5 de xullo. A rapazada participante terá ao seu dispor un amplo programa de actividades na natureza, xogos creativos e de exploración e actividades dirixidas a fomentar o respecto e o coidado polo medio natural. O Grupo Scout San Jorge 33 forma parte da agrupación de Scouts de Galicia e constitúe unha organización xuvenil sen ánimo de lucro que traballa realizando iniciativas de lecer e tempo libre saudábeis na natureza. “Mediante o xogo e acción, aprendemos e ensinamos valores para axudar a construír un mundo mellor”, sinalan. As inscricións para o campamento de Outes pódense facer a través dun documento en liña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.