O Festival Atlántica enche de contos Ribeira, A Pobra, Outes e Dodro

04 Xullo 2024

Os contos está a “tomar” Galicia grazas á expansión do Festival Atlántica polo territorio. Na quinta xornada do festival este venres, 5 de xullo, as historias chegarán a Santiago de Compostela, Teo, Ferrol, Mugardos, Alfoz, Betanzos, Cuntis, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Sanxenxo e Portugal. Serán un total de 18 espectáculos, tres deles estreas absolutas de Dani Blanco e Zé Pumar, Cándido Pazó e Cândida da Luz.

O público infantil será o protagonista de boa parte da programación deste venres en Santiago. Así, ás 12 horas, haberá tres funcións simultáneas en varios puntos da cidade, a de Vero Rilo con A ti que che contaban? no CSC Aurelio Aguirre, a de Inma Soto e Xela a súper heroína de aldea no CSC Figueiras e Cabicivai dePablísimo no CSC Nemenzo. Pola tarde, ás 19:30 horas, o local da Gentalha do Pichel acollerá a estrea de Contos, cantos e outros tantos de Cândida da Luz, unha viaxe polo mundo a través das historias e as sonoridades de diferentes puntos da terra.

O carreirán Quico Cadaval (Ribeira, 1960) será un dos protagonistas desta edición de Atlántica

Compostela acollerá tamén outra estrea absoluta nesta xornada, pero desta volta dun espectáculo concibido para adultos. A partir das 21.30 horas os xardíns do CSC Maruxa e Coralia recibirán Contos de revolución: entre Brassens e Neira Vilas de Dani Blanco e Zé Pumar. Será, en palabras da organización do festival, “un convite para viaxar desde Bos Aires ata a caída do muro de Berlín facendo parada no maio do 68, nas barricadas de París, na chegada dos Tamara á sala Olympia e nos movementos anarquistas: un camiño de revolución provocada por Memorias dun neno labrego con banda sonora de Brassens”.

A terceira estrea do día chegarán da man dun mítico da narración oral en Galicia, Cándido Pazó. En Teo, a partir das 21.30 horas, o público poderá gozar con Contar para vivilo na Antiga Escola de Nenas de Agoso, en Oza. Unha sesión de historias, contos, lerias e parolas sobre outras xentes, outros mundos e outros tempos, nun espectáculo para xente deste mundo e deste tempo. A pericia de Pazó é garantía de humor, emoción e memoria coa palabra como único recurso.

En Ferrol seguirá a celebración décimo aniversario como sede de Atlántica variadas actividades. Pola mañá, ás 12 horas, Inacio Vilariño brindará unha sesión de Burromaquia na Biblioteca Municipal. Pola tarde, ás 19.30 horas, a historiadora Esperanza Piñeiro guiará o roteiro A muller no progreso de Ferrol, un paseo con paradas en lugares significativos de traballo e actividades realizadas por mulleres anónimas e que tamén salientará a ferrolás que destacaron no eido profesional, cultural ou científico. Algo máis tarde, ás 21 horas, será a quenda de Tralalareira de Vero Rilo e Santi Cribeiro, un espectáculo concibido para adultos que mestura historias de vida, de tradición oral e contos de autor con músicas para cantar en compañía.

Amais, no Centro de Interpretación de Caldoval de Mugardos estará Yoshi Hioki con Contos de Xapón a partir das 21 horas. Historias e lendas do país do sol nacente que producirán un lene murmurio no corazón de quen os escoite, como a música dunha delicada choiva caendo sobre un bosque de bambú.

A programación do venres 5 de xullo tamén vai facer parada en Alfoz con Ida e volta de Cris de Caldas e Amor Herrera (21 h, Castelo de Castrodouro), Betanzos con Atenea García e Vicio houbo sempre (21 h, Claustro de Santo Domingo), en Cuntis con Cabicivai de Pablísimo (20 h, Fundación Terra Termarun Castrolandín), en Dodro con Historias de Filandar de Don Guti (21 h, O Pozo do Conxeiro en Eiró), na Pobra do Caramiñal con Patios de luz de Su Garrido Pombo (21 h, xardíns do Pazo do Couto), en Ribeira con María da Pontragha e Á volta dos contos (21 h, Lavadoiro de Penisqueira) e, por último, en Sanxenxo con Son animal de Paco Nogueiras (21.30 h, Casa Mariñeira do Fernando).

Ao igual que en días previos, o festival seguirá a se celebrar en Portugal este venres e ata Terras de Bouro levará Quico Cadaval as súas Lendas suburbanas. Ao longo da sábado e domingo, outras sedes espalladas por Galicia iranse engadindo ao festival ata completar as máis de 90 funcións previstas nesta edición.

O XII Festival Atlántica é posible grazas ao patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña e ao apoio dos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Teo, Alfoz, Caldas de Reis, Dodro, Mugardos, Outes, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Sanxenxo e Vilalba. A programación actualizada pódese consultar na web festivalatlantica.gal.

Outros artigos

A Pobra prepárase para pedalear no 14 de xullo coa Festa da Bici

A trixésimo segunda edición da Festa da Bici da Pobra do Caramiñal convida a pedalear con fin solidario no 14 de xullo. Esta cita que reúne deporte e solidariedade arrancará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán; espazo que tamén se establece como meta....

+

Este venres comezan as Festas da Virxe do Carme de Rianxo

Este venres 12 de xullo comezan as Festas da Virxe Do Carme de Rianxo, que ofrecen a residentes e visitantes cinco completas xornadas de celebracións festivas con todo tipo de actividades. A axenda comeza este venres co festival RianClown a partir das 20.30 horas e co...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...