O Faro de Corrubedo inaugura este venres o festival “Mar aberto” coas actuacións de Ute Lemper, Marem Lardson e Señora DJ

24 Xullo 2024


A nova edición do festival Mar aberto, concertos na fin da terra, organizado por Turismo de Galicia como proposta turística do verán en lugares patrimoniais, arrinca este venres 26 no Faro de Corrubedo, en Ribeira, a cargo de Ute Lemper, Marem Ladson e Señora DJ. O sábado será a quenda de Céu, Brais Morán & Nasaufunk e Rapariga DJ.

O programa do festival Mar Aberto, concertos na fin da terra, inclúe dous concertos no Faro de Corrubedo, outros dous no Faro Punta da Barca de Muxía e finalmente, outros dous no Castelo de San Felipe en Ferrol. As citas serán o 26 e 27 de xullo, en Ribeira, o 2 e 3 de agosto en Muxía e o 9 e 10 de agosto en Ferrol. Podemos ver toda a información sobre estas actuacións na web do festival.

Logo da cita en Corrubedo, a seguinte cita será no Faro Punta da Barca de Muxía os días 2 e 3 coa música de Mercedes Peón, Budiño, Mondra e Zeltia Irevire, para rematar no Castelo de San Felipe, en Ferrol o 9 e 10 de agosto coas actuacións de María José LLergo, _juno, Pamela Rodríguez e Lua de Santana.

Tal e como se nos lembra na dita web, Mar Aberto é unha experiencia máxica que terá como escenario algún dos recunchos máis bonitos e impresionantes da costa galega; un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas deseñadas para cada espazo que nos permitirán gozar de actuacións únicas e irrepetibles; unha fusión perfecta entre patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música, unha experiencia inesquecible para os cinco sentidos.

Presentación da nova edición de Mar aberto

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...