O Concello de Ribeira informe dun corte de auga en Carreira por mor das obras na rúa da Capela

09 Xullo 2024

O Concello de Ribeira informou de que “con motivo das obras de reforzo e mellora na rede xeral de abastecemento que dende o Goberno local están a executar na parroquia de Carreira, incluídas dentro da obra de pavimentación, abastecemento e pluviais na rúa da Capela”, o subministro de auga para consumo verase interrompido temporalmente.

O corte farase pola noite e na fin de semana para minimizar a afección na poboación e nas industrias e producirase na madrugada do venres día 12 ao sábado día 13 de xullo, entre as 0:00 e as 10:00 horas a.m. Isto afectará á parroquia de Aguiño (incluída a zona industrial de Couso) e algunha zona de Carreira (A Capela, A Graña, etc).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.