O Concello de Boiro solicita a colaboración dos locais de hostalaría do municipio para colaborar na XVI Exaltación do Mexillón coa elaboración de tapas de mexillón ao vapor durante a fin de semana. A cita gastronómica terá lugar os día 16, 17 e 18 de agosto en Cabo de Cruz.
Dende o Consistorio fan saber que a organización repartirá 20 quilos de produto a cada un dos locais interesados en participar para que “deste xeito a hostalaría poida sumarse tamén a esta Exaltación do Mexillón e que sexa máis participativa”.
Todos aqueles establecementos interesados en participar deberán avisar na Oficina de Turismo do Concello de Boiro antes do 31 de xullo. De forma presencial na Casa Consistorial de Boiro de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas ou no teléfono 981 84 26 54 así como o enderezo electrónico turismo@boiro.org.