O apeadeiro de buses de Ribeira ponse en funcionamento este 4 de xullo

02 Xullo 2024

O Goberno ribeirense informou que dende este xoves 4 de xullo o servizo de transporte público realizarase no apeadoiro de buses sito diante do Mercado Municipal. Nesa mesma xornada, persoal do Concello de Ribeira procederá a retirar as marquesiñas que hai situadas na praza Heroínas de Sálvora e habilitará as prazas de estacionamento para uso xeral.

Segundo detallou o alcalde, Luís Pérez Barral, os 24 estacionamentos habilitados serán gratuítos e por tempo de 90 minutos, co “obxectivo de que a veciñanza teña sitio para deixar o coche nun espazo facer as compras e aos recados”. Este espazo dará servizo ao Mercado Municipal, Correos así como aos comercios e servizos da zona.

Con respecto ao edificio da estación (parada central), dende o Goberno informan de que a brigada municipal segue traballando no seu interior para finalizar as obras na maior brevidade posíbel “co obxectivo de que a xente poida agardar polo autobús nun espazo cuberto”.

Até o momento os gastos totais nesa infraestrutura ascenden a 485.053€, sendo 381.218€ o custo da pérgola e 88.836€ no caso do edificio aos que habería que sumar outros 15.000€ para finalizalo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...