
O 17 de agosto celebrarase unha nova edición da Andaina Santa Compaña de Rianxo, unha actividade lúdica, cultural e deportiva organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda e Protección Civil local coa colaboración do Concello de Rianxo, e que xa ten abertas as inscricións (até o martes 13 de agosto ou até completar o número de prazas dispoñíbel, que son 2.500) en Emosports.es. Celebrarase en horario nocturno: de 22:45 a 2.30 horas. As persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán participar cunha autorización por escrito dos proxenitores. Entre os 8 e os 14 anos ademais do anterior deberán ir acompañados/as dun adulto.
A distancia será de 9 quilómetros aproximadamente e o percorrido, en palabras da organización, “é unha sorpresa”. A andaina comezará as 22:45 e o punto de encontro para a saída será na Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo).



