Nova xornada de eliminación de acacias en Isorna

30 Xullo 2024

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de voluntariado en Rianxo, actuando esta vez no monte de Isorna. A actividade desenvolverase na mañá do sábado 10 de agosto e centrará o seu traballo na eliminación de acacia no seu monte veciñal. A xornada está aberta á participación de todos os públicos e dará comezo ás 10 da mañá desde o Souto de Isorna.

É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un correo a info@montescola.org ata o xoves 8 de agosto inclusive. Ao rematar os traballos ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes. Coordinada por Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza–, a xornada conta tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Isorna.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...