“Negros, pobres e indefensos” – José Manuel Pena

05 Xullo 2024

Centenares de africanos, cruzando o Mediterráneo, seguen chegando en pateras a Europa. Algúns seguen enterrando as súas vidas no Mare Nostrum en busca dun futuro con Dignidade. Que fariamos se eses nenos, que morren na travesía, fosen os nosos fillos? Seguiriamos de brazos cruzados, deixando ao noso gobernante mirando para outro lado?

Xa ninguén dúbida de que a pobreza e a violencia son as causas da expulsión de millóns de seres humanos dos seus países de nacemento. Sabemos que a pobreza extrema tamén mata e, humanamente e de maneira consciente, ninguén quere morrerse de fame.

Como sinala o xornalista residente en África occidental, José Naranjo “cada naufraxio nas augas do Mediterráneo, cada mozo ou cada neno afogado nas nosas costas, todas as traxedias que foron e as que virán levan impreso o selo do noso fracaso como proxecto de convivencia”.

En pleno século XXI, pouco avanzamos. Ata non hai moito tempo os negros eran tratados como homes inferiores próximos aos simios e por tanto, para os occidentais, necesitaban ser colonizados. Negándolles a categoría de seres humanos e rebaixándoos a nivel dun obxecto, a través da escravitude.

Actualmente, España, segue cos valos en Ceuta e Melilla para impedir o paso aos mozos africanos famentos de futuro do que carecen nos seus países de orixe. Séguense violando os Dereitos Humanos pero nunca pasa nada: son negros pobres e indefensos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...