“Máis de 40 anos de Banda e pobo” – Carlos Moledo

24 Xullo 2024

Os aires do pasodobre galego Rolandito -popular marcha de calle soada en tantas alboradas- foron as notas que deron comezo a un pentagrama vital que, no canto de ritmos e melodías, se deixaron transportar ao recordo do lugar, á morriña… e a ese simbólico termo acuñado por Basilio Losada, quen dixo unha vez que para calar tanta pena os galegos inventaran unha palabra, “saudade”. Sentimento que sempre estivo presente no pobo da emigración e emoción aliviada durante uns días por unha das institucións máis apreciadas e respectadas da vila de Noia, a súa Banda de Música.

Ás poucas horas de desembarcar do avión que os levou dende Galicia á Arxentina, a agrupación musical noiesa foi recibida no centro porteño Noia-Rianxo o cal, a pesares de ser as tres da madrugada, estaba repleto de centos de emigrantes ou fillos dos mesmos. O anfitrión desa primeira velada na cidade de Buenos Aires foi Eduardo Sánchez Millares, galego ilustre (Medalla Castelao no 1992) e fillo predilecto da nosa vila. Esa ocasión de reencontro con tantos paisanos da súa vila natal presentóuselle como unha espléndida ocasión para resaltar entre os seus “la importancia de un pueblo culto como el de Noia”.

E é máis, días despois de regresar a Banda de Música a Noia, o noso veciño Eduardo, a través dunha carta dirixida ao Alcalde-Presidente da Corporación, deixaba constancia da súa experiencia e gratitude: “de ahora en más, el nombre de Noia va a ser recordado con respeto y admiración en Buenos Aires” “Muchas gracias, señor Alcalde por su ayuda, muchas gracias por la emoción incontenida que hizo embargar mi espíritu durante quince días y que perdurará en el tiempo… muchas gracias por su generosa gestión”.

O exemplo deste ilustre embaixador da nosa querida vila na Argentina invítanos a reflexionar sobre o coidado das institucións máis propias do noso pobo. Elementos culturais de sobra coñecidos por todos e que finalmente conforman o noso ser colectivo, a nosa esencia de vila.
Ao fin e ao cabo, esa esencia -histórica, artística, cultural…- que articula a nosa comunidade chega aos nosos días, por suposto, logo do paso dos tempos e tamén -e non é cousa menor- a partires dun escrupuloso coidado que nos permite falar da vila que coñecemos.

Por desgraza, esta cuestión tamén nos deixa unha sinxela comparación entre esa fórmula de coidado, respeto e promoción e as actitudes dalgún personaxe quizáis non tan ilustre coma os aquí mencionados. Pois se falamos de manter presente a nosa cultura, as nosas institucións -e a Banda de Música é unha delas-, de nada serve poñer paos nas rodas como se ninguén se dera conta. Porque así, máis que deleznables satisfaccións persoais, o que se rematará por conseguir é que o quede desta vila sexan as pedras xunto a un triste recordo do que un día foi.

Pero máis alá do negro futuro ó que pretenden levar esta institución, centrémonos no ilusionante proxecto que engloba a nosa Banda de Música. Como xa se ten comentando neste medio, o corenta aniversario da refundación da nosa banda -circunstancia que tivo como principal protagonista a Miguel Fernández Pestonit (Miguelito)- faise coincidir no tempo coa posta en marcha da Escola de Música. Lugares de estudo e aprendizaxe musical, os cales Rogelio Groba -destacado músico e compositor- definía a maiores das propias bandas como os verdadeiros conservatorios do país.

É, xunto a ilusión da posta en marcha e o desenvolvemento deste proxecto social e educativo, a felicidade máis plena por este aniversario de unión entre banda e pobo. Pódenme creer que nesta relación músico-espectador se fundamentan todos os éxitos acadados por tan nobre institución. E poucas maneiras hai de celebralo mellor que con máis música, neste caso, tendo o magnífico privilexio de acompañar en concerto a un dos mellores trompetistas de España, Rubén Simeo.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.