Lousame aproba unha modificación de crédito para a achega de 2025 para a construción da EDAR e rede de saneamento de cinco núcleos de poboación

27 Xullo 2024

O Pleno do Concello de Lousame aprobou unha modificación de crédito de 100.000 euros con cargo ao remanente líquido de Tesourería para gastos xerais como parte da achega municipal de 2025 ao convenio asinado coa Xunta de Galicia para dotar de saneamento e depuración a cinco núcleos do municipio. Un convenio que supón un investimento de 1,1 millóns de euros e do que o Concello de Lousame ten que achegar 182.000 euros o vindeiro ano 2025.
“É un adianto da achega para a nova EDAR. Preferimos ser garantistas e previsores, reservando estes cartos para facer un proxecto moi importante para o noso municipio xa que suporá a construción dunha nova depuradora e garantir un sistema de saneamento e depuración eficiente aos veciños e veciñas de Devesa, A Silva, As Quintáns, A Costa e Cruído, así como ao CIP Cernadas de Castro e instalacións deportivas como o polideportivo, o campo de fútbol ou a piscina municipal”, explicou a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.
A proposta saíu adiante cos votos a favor do Grupo de Goberno, as abstencións do PSOE e o voto en contra do Grupo Mixto. A voceira socialista, Ana María Domínguez, explicou que o seu grupo se abstería nas tres modificacións de crédito presentadas onte a Pleno ao entender que “son xestións necesarias pero tamén son decisións do Grupo de Goberno”.
Melloras na piscina
O Pleno municipal aprobou tamén outras dúas modificacións de crédito, na modalidade de transferencia de crédito entre partidas xa existentes. A primeira, por importe de 8.235 euros, contou co voto a favor do Grupo de Goberno e as abstencións de PSOE e Grupo Mixto. A segunda, por 3.740 euros, contou co voto a favor do Grupo de Goberno e do Grupo Mixto, e a abstención do BNG. “Esta modificación permitirá cambiar unha das dúas bombas da piscina municipal”, apuntou Teresa Villaverde, “e é unha actuación urxente porque estamos
funcionando cunha única bomba e iso supón un desgaste moi importante para a maquinaria”.
Grupo de Goberno e Grupo Mixto aprobaron tamén unha modificación na ordenanza fiscal reguladora da taxa do Punto de Atención á Infancia, con motivo da gratuidade deste servizo para as familias. O PSOE mantivo tamén neste punto a súa abstención. Finalmente, o Concello deu conta co período medio de pago do segundo trimestre de 2024, que se situou en 36,44

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.