“Insolidariedade” – José Manuel Pena

09 Xullo 2024

Observamos, de maneira obxectiva, que na maioría das mobilizacións, concentracións, manifestacións ou eventos reivindicativos sempre están as mesmas persoas e colectivos. Vemos unha falta de empatía e solidariedade, por parte de moitas persoas que non pensan máis que en si mesmas. Se algo non lles afecta, directamente, para elas non existe ou non lles importa. Non pensan máis aló da súa efémera existencia, viven o seu presente e o futuro non existe na súa pobre mentalidade.

Son inconscientes da historia dos pobos e comunidades. Non queren saber que si teñen un traballo digno e ben retribuído; unha pensión suficiente; un centro de día ou xeriátrico, unha sanidade pública gratuíta e universal, unhas subvencións e axudas (algunhas a fondo perdido) para desenvolver os seus proxectos e actividades profesionais ou empresariais é grazas á loita de todas esas persoas e colectivos. É grazas a que uns deron a cara para que agora eses seres insolidarios, cobizosos e avaros saquen partido da loita e o esforzo dos demais.

Por outra banda, resulta paradoxal que cando hai un acto festivo, gastronómico ou lúdico son os primeiros en presentarse. Se é gratis moito mellor, aínda que os fondos salgan do erario público. Son persoas que non achegan nada á sociedade. En moitas ocasións mesmo se dedican a molestar e a presumir das súas “batallitas” do pasado diante dun vaso de viño ou un cubalibre. Non, de ningunha maneira estas actitudes poden xustificarse pola ignorancia, iso ten outra denominación: maldade, cobiza e soberbia.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.