“Falar por non estaren calados”. Antón Luaces

04 Xullo 2024

É curioso: o sector pesqueiro leva anos pedindo ao Goberno que aplique un IVE (Imposto do Valor Engadido) reducido aos produtos da pesca, demanda que nunca foi atendida malia as evidentes consecuencias negativas desa medida: os prezos do peixe disparáronse e o consumo deste alimento esencial baixou significativamente. Ata tal punto, que o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, ven de anunciar que dempois do verán o seu ministerio levará a cabo unha campaña de promoción para fomentar o consumo de peixe, resentido nos últimos anos.

Non vou dicir o tan socorrido “tarde piache”, máis teño gañas de pronunciar en alta voz tal dito. Talvez no ministerio do señor Planas non se decataron ata o de agora que o prezo do peixe tivo como consecuencia a redución do seu consumo?. Saben no MAPA que baixou o consumo de froita, de leite, de aceite pola suba experimentada nos seus prezos e mantense a baixa do IVE; pero non nos produtos pesqueiros que, por máis que suban para o consumidor, estas non repercuten nos prezos de venda en lonxa e, polo tanto, os pescadores seguen a velas vir.

Non se desbota a posibilidade de que no seo da Comisión Europea sexa nomeado un Comisario ou Comisaria de Pesca, o que sería un recoñecemento explícito do valor e a importancia que a Pesca ten na UE. Pero ninguén fala de que en España se faga o mesmo. Pode ser Luis Planas un candidato a ese comisariado de Pesca comunitario para compensar o retorno a España de Josep Borrell?.

Si, como se comenta, existe a posibilidade do nomeamento dun comisario de Pesca da Unión Europea, Planas conta con moitos avais que poñer riba da mesa. Podería ser un galego da provincia de Pontevedra quen o substituira como ministro de Pesca se, por fin en España se crea este Ministerio á imaxe e semellanza da CE?. 

Queda formulada a pregunta. Hai tempo para a resposta. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.