Este venres 12 celébrase a Romaría de San Benito en Seráns (con peregrinaxe dende O Son na xornada previa)

11 Xullo 2024

O núcleo de Seráns (San Pedro de Muro, Porto do Son) celebra este venres 12 de xullo a súa Festa de San Benito, unha das romarías de maior relevancia da nosa contorna, que se celebra na Capela do mesmo nome recentemente acondicionada polo Concello.

O programa inclúe actividades para pequenos (con inchábeis e festa da da escuma a partir das 17.00 horas) e maiores. A vertente musical (a verbena nocturna) virá da man das agrupacións Orquesta Fuego, Planet Discomóvil e DJ Gee. Organiza a Comisión de Festas de San Pedro de Muro coa colaboración do Concello.

Previamente, na xornada deste xoves 11 de xullo realizarase a tradicional peregrinaxe dende Porto do Son a San Benito de Seráns. A saída está prevista dende o porto da vila sonense ás 8:30 horas. A participación é libre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.