O Concello de Rianxo promove unha actuación para conectar o CEIP Ana María Diéguez (Atalaia, parroquia de Asados) á rede municipal de saneamento.
A actuación, valorada en 35.102,46€, inclúe a renovación do firme da estrada que discorre a carón do colexio, así como outras melloras solicitadas pola comunidade educativa. Prevese que os traballos comecen a mediados deste mes de xullo.




