En Outes, o Concello reparou fochas en pistas de Entíns e asfaltou vías en Piñeiro e Vilar de Banzas

22 Xullo 2024

Estas últimas semanas a Área de Obras e Servizos do Concello de Outes impulsou diversos traballos nos núcleos do municipio para mellorar a seguridade e accesibilidade en estradas, camiños e infraestruturas. Dende o Concello destacan a reparación de fochancas levado a cabo nas pistas da agra de Entíns, a roza de beiras ou o arranxo do muro de contención da entrada ao lugar do Catadoiro. A maiores, asfaltáronse pistas en Piñeiro e Vilar de Banzas.

Tamén se levou a cabo o entubado de pluviais nun camiño en Cures e a roza dalgúns dos tramos do camiño de Santiago que discorre polo concello.

Ademais, a Área de Obras colaborou con festas veciñais colocando a tarima para as actuacións, reforzando con máis contedores a recollida do lixo e facendo as limpezas postfesta ao día seguinte, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.