Este domingo chega unha masa de aire cálido de latitudes inferiores. Con esta situación agárdase tempo soleado en xeral con nubosidade de tipo alto.
Pola tarde poderán medrar nubes de evolución en zonas de interior. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en moderado ascenso cehgando ós 32-35 graos. Os ventos soprarán do nordés en xeral.ç

O noso mar: Vento do norte, forza 3 a 4 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e norte á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



