Detida unha veciña por estafa en Boiro de electrodomésticos

10 Xullo 2024

Unha veciña da Estrada foi detida acusada dun delito de estafa por subtraer electrodomésticos por un valor de 5.000 euros nunha tenda de Boiro, tras simular unha transferencia co seu móbil.

Garda Civil

Segundo informou a Garda Civil, a investigación, denominada Vacamar, comezou despois de que o propietario do establecemento denunciase os feitos. O dono explicou que a detida realizara unha compra de electrodomésticos valorada en 5.000 euros e que ese día retirou dous Smart TV e unha aspiradora, valorados en 1.093 euros, ademais de 35 euros en efectivo, tras simular realizar unha transferencia bancaria co seu móbil ao número de conta proporcionado.

Durante a investigación, os axentes do Milladoiro lograron localizar e recuperar os electrodomésticos e o efectivo estafados.

A Garda Civil procedeu á detención da muller como presunta autora dun delito de estafa e restituíu os bens incautados ao seu lexítimo propietario.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...