Detectado un episodio puntual de contaminación microbiolóxica na auga de baño da praia dos Areos

04 Xullo 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal recomenda a veciñanza e visitantes absterse do baño, temporalmente, na praia dos Areos, por “un episodio puntual de contaminación microbiolóxica na auga”. Isto é un aviso da situación no areal, “pero non significa un peche do mesmo”, explicaron fontes do Consistorio.

O Concello apunta que o 1 de xullo, a Consellería da Sanidade procedeu cunha toma de mostras no litoral da zona urbana da Pobra dentro do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2021-2025. “Son probas rutineiras que se realizan entre os meses de maio e setembro para coñece-la evolución da calidade das augas para o obrigado cumprimento da normativa europea”, sinálase.

A Administración local recibiu a comunicación dos resultados da analítica ás 09.23 horas deste 4 de xullo, polo que a Concellaría do Medio Ambiente procedeu coa colocación de carteis informativos nas inmediacións da praia afectada, ás 10.00 horas.

Este exame volverá repetirse en vindeiras datas, polo cal se agarda aos datos que reflicta esta contraanálise.

En canto se dispoña de nova información, comunicaráselle á cidadanía.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.