Os aeroxeradores ou turbinas de vento tanto en terra coma no mar non son tan inocuas como se tenta dar a entender por parte das empresas que as fabrican como pola das que as explotan para estraer delas un rendemento económico, obxectivo primordial tanto dos que as constrúen como dos que as instalan e utilizan.
Non pensan o mesmo os mariñeiros galegos, asturianos e do norte de Portugal, que ven que o Plan de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) -que pode chegar a ocupar unha extensión de ata 5.000 quilómetros cadrados de extensión marítima na costa galega, dos que xa están previstos 2.350 no POEM que se baralla- afectará aos caladoiros máis rendibles para as distintas frotas pesqueiras.
Existe un convencemento xeralizado de que no Ministerio para a Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico barallan un futuro entendemento entre as partes en conflito consecuencia de compensacións (económicas?) que o propio sector rexeita clarísimamente, convencidos como están de que a eólica mariña suporá a morte a desaparición da pesca, como certifican xa os pescadores do norte de Portugal, onde teñen constancia de que os grandes bancos de peixe evitan achegarse ás bases dos aeroxeradores mariños aló instalados.
Eis un dos moitos motivos que alegan os mariñeiros para reclamar a retirada dos POEM e a clarificación sobre se o Real Decreto que os acubilla incumpre ou non normas de carácter estatal ou internacional que permitan a súa impugnación.
Esta podería ser decidida nas próximas horas en Burela, na xuntanza convocada pola Plataforma en Defensa da Pesca e os Ecosistemas Mariños que insiste na importancia da pesca para fixar poboación no litoral galego e asturiano. Esta Plataforma percura co Goberno “unha relaciòn e un diálogo froitífero para todos”.
Segundo a entudade “Planeta Tierra”, cada muiño de vento pesa 1.688 toneladas (o equivalente ao peso de 23 casas) e contén 1.300 toneladas de formigón, 295 toneladas de aceiro, 48 toneladas de ferro, 24 toneladas de fibra de vidro e as Terras raras pouco doadas para a obtención deneodimio, praseodimio ou o disprosco.
Cada unha das tres pás con que conta cada aeroxerador pesa 40 toneladas e ten unha bvida útil de 15 a 20 anos, tempo este a partir do cal compre reemplazalas.
Utopía?…



