“Consolidar o papel da ciencia, pero con sentido común” – Antón Luaces

08 Xullo 2024

Tanto falar, tanto falar e, coma sempre, para caer na mesma gabia!.

No mar e do mar, sempre se fala moito. Mais, ao remate, sempre é para concluír que o falar non ten cancelas.

Agora, este mesmo, luns, no Comité de Pesca da FAO, en Roma, a secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, salientaba o papel da ciencia e a innovación  para desenvolver unha pesca e acuicultura máis sustentables, así como para contar con ferramentas que permitan afrontar os desafíos do cambio climático. 

Isabel Artime participa no foro internacional que examina os desafíos e avances relacionados coa pesca e a acuicultura a nivel mundial no que España aposta pola excelencia na xestión pesqueira e na ordenación para recuperar poboacións e aumentar, deste xeito, as capturas do sector. Para iso debe consolidarse o papel da ciencia como principal aliado na xestión pública. Só así, dixo a secretaria xeral de Pesca española, poderán tomarse decisións sobre a base do coñecemento científico e velar polo equilibrio entre as variábeis ambientais, económicas e sociais.

A innovación, dixo Artime, vainos permitir utilizar “todas as ferramentas posíbeis para desenvolver artes de pesca cada vez máis sustentables e selectivas, así como para afrontar os desafíos do cambio climático”.

Ao longo destes días van ser analizados moitos dos desafíos que se presentan para os océanos e que van ser obxecto de discusión. Entre eles o xa citado cambio climático, que afectan á abundancia e distribución  dos recursos pesqueiros, a contaminación (especialmente a ocasionada por plásticos) ou a pesca ilegal non declarada e non regulamentada. A este respecto, a secretaria xeral de Pesca pediu á comunidade internacional tolerancia cero fronte á pesca ilegal que supón unha gran lacra para os nosos océanos e unha competencia desleal para a gran maioría de  pescadores que exercen a súa actividade cumprindo escrupulosamente  coa lexislación vixente.

Compre supor que aqueles que asumen a responsabilidade de respectar a normativa vixente, terán un mínimo recoñecemento á mesma. Por exemplo as zonas vedadas para artes de fondo cuxa prohibición non está totalmente xustificada.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.