As inquedanzas pictóricas dunha ducia de artistas compoñen unha nova exposición na Pobra

05 Xullo 2024

Ángela Campaña, Andrés Bernal, Margot Fernández, Elena Pazos, Lola Seráns, Ana Trigo, Asun Rodríguez, Carmen González, Josefa Seráns, Ana Rubio, Elena Moure e Carmela Fernández. Estes son os nomes das/dos artífices da trintena de cadros que se exhiben na nova mostra colectiva que alberga a Casa da Cultura Raquel Fernández Soler: Inquedanzas IV.

Trátase dunha colección de obras realizadas seguindo as pautas de Paola García durante as clases impartidas na dita instalación municipal pobrense.

Amenizado musicalmente polas Rianxeiras da Covecha, o acto inaugural desenvolveuse na tarde do 4 de xullo coa participación da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e as artistas.

“Un ano máis asistimos á apertura da exposición colectiva integrada polos cadros do alumnado do curso de pintura impartido por Paola García. Á experiencia das xa veteranas, incorpórase novas creadoras. Temos para desfrute de todos e todos, polo tanto, unha mostra heteroxénea que é reflexo das inquedanzas, como o propio título indica, desta ducia de artistas. Diferentes olladas sobre a realidade, diferentes predileccións en canto a temática, si, pero todas elas co denominador común da paixón pola arte. Penso que non hai mellor maneira de despedir o actual curso e estamos expectantes xa do marabilloso universo pictórico que nos depara a quinta edición”, declarou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, durante a súa intervención.

O público pode achegarse ata o 31 de xullo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.