As carrilanas toman a alameda de Esteiro na segunda xornada do Gran Prix

19 Xullo 2024

A XXXV edición do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro celebrará ese sábado a súa segunda xornada, na que os vehículos sen propulsión tomarán a alameda e as bandas Sidecars, The Rapants, Capital Voskov, Galician Army, Quinkillada e a DJ Bea Fernandes porán a música desde o mediodía e até a madrugada no marco do Festival das Carrilanas, cuxa entrada é de balde.

A alameda de Esteiro acollerá o groso da actividade deste sábado 20. Alí, desde as 11.00 horas e até as 22.00 da noite, o Mercado de Artesanía, no que participan máis dunha ducia de entidades, terá as súas portas abertas á veciñanza. A partir das 12 comezarán as propostas dirixidas ao público infantil, con xogos populares, obradoiros, animación e o espectáculo Abracadaver, da compañía AsSircópatas; e ás 13.30 a formación Quinkillada inaugurará o Escenario Vegalsa-Eroski.

Na mesma alameda, tamén ao mediodía, abrirase o período de inscrición para participar no Gran Prix do día 21, no que os vehículos, pilotados por público de todas as idades, descenderán polo circuíto de O Maio divididos en tres categorías: infantil, carrilanas lentas e carrilanas rápidas. O proceso de inscrición inclúe a verificación dos vehículos creados para a ocasión, así como o inicio da exposición dos mesmos. Xa ás 19.00h terá lugar a proba Pole Position para as carrilanas que participen na competición rápida.

Pola noite, a música será a gran protagonista coa segunda xornada do Festival das Carrilanas. O palco principal, nomeado Escenario Vibra Mahou, acollerá, a partir das 21.15 horas, os concertos de Capital Voskov, Sidecars, The Rapants e Galician Army. A DJ Bea Fernandes amenizará os tempos de espera entre cambios de bandas desde o Escenario Artón, situado ao carón do primeiro.

Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

O Gran Prix das Carrilanas de Esteiro é un dos eventos de referencia do verán galego e xira arredor da promoción e posta en valor das carrilanas, vehículos artesanais, feitos de madeira, que descenden sen axuda de motor polo circuíto local O Maio. A singularidade desta festividade, que mantén viva unha proposta que ten a súa orixe nos xogos populares de tradición galega, fai que o Gran Prix das Carrilanas de Esteiro -declarado Festa de Interese Turístico Nacional no 2021- sexa, alén dun orgullo para a súa veciñanza, unha cita ineludible para as amantes da artesanía, da velocidade e da tradición.

A XXXV edición do GP Carrilanas de Esteiro celébrase até o domingo 21. Carreiras de vehículos artesanais sen motor nas que prima a diversión, obradoiros e xogos infantís, espectáculos de circo, pasacalles e un mercado de artesanía forman parte da programación cultural de balde e dirixida para toda a familia, da que tamén é parte o evento musical Festival das Carrilanas, no que se darán cita nesta fin de semana en Esteiro, entre outras bandas, Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Mondra e Lontreira.

SÁBADO 20 DE XULLO

De 11.00 a 22.00h Espazo Artesanía | Zona Gastro

De 12.00 a 15.00h Exposición e verificación de Carrilanas | Alameda de Esteiro

De 12.00 a 15.00h Espazo infantil. Obradoiros e animación | Alameda de Esteiro

12.30h Espazo infantil – Espectáculo Abracadaver, de AsSircópatas | Alameda de Esteiro

13.30h Escenario Vegalsa Eroski. Concerto de Quinkillada | Alameda de Esteiro

16.00h Peche do circuíto ao tráfico

19.00h Pole Position | Circuíto Carrilanas

21.15h Festival das Carrilanas | Recinto – Escenario #VibraMahou

20.15h Apertura de portas

21.15h Capital Voskov

22.45h Sidecars

00.35h The Rapants

02.25h Galician Army

*** DJ Bea Fernandes. Entre cambios de bandas | Escenario Artón

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.