Arrancan as Festas de Verán de Ribeira. Victor M. Oujo será o pregoeiro

30 Xullo 2024

As Festas do Verán de Ribeira estenderase dende este mércores 31 de xullo até o 4 de agosto. O «influencer» Víctor Manuel Oujo dará o pregón das Festas do Verán de Ribeira.
O aguiñense, que se define como asesor de imaxe, deuno a coñecer cun vídeo nos seus perfiles de redes sociais.

Un dos puntos máis destacados da axenda será a súa diversidade: nos espazos, nas propostas e nos formatos para persoas neurodiverxentes. Así, habilitaranse novas localizacións para unha maior promoción económica e apostarase polos novos estilos e por achegar unha axenda con accións á medida de todas as demandas e tendencias. No capítulo da atención á neurodiverxencia, as actividades do programa terán como elemento transversal a diversidade e a sensibilización sobre as necesidades de toda a rapazada, actuando en materia de control do audio nas atraccións e na prevención (farase entrega de auriculares de protección e instalaranse pictogramas). Amais, está programado que a Asociación Ágape organice un mercadiño solidario para visualizar unha cuestión tan relevante como a neurodiverxencia.

O mércores 31 de xullo, logo das dianas e alboradas celebrarase (ás 11h) o espectáculo infantil e familiar Atemporal, do Mago Charlangas, na praza da Porta do Sol. Ás 22 será o intre do pregón no balcón da sala-museo municipal de ribeira logo haberá un chupinazo e un pequeno espectáculo pirotécnico inaugural. Ás 23h, verbena na Lonxa Vella cos Satélites.

Programa das Festas de Ribeira 2024: Enlace

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.