Accidente de tráfico na AG-11 ao seu paso polo Concello de Rianxo

03 Xullo 2024

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro participaron pasadas as 00:00 horas de hoxe nun operativo causado por un accidente de tráfico na AG-11, á altura do punto quilométrico 17 ao seu paso polo Concello de Rianxo.

O accidente consistiu nunha saída de vía pola marxe dereita, que bateu coa bionda, e foi dando voltas sobre si mesmo ata acabar contra o talude xirado en dirección contraria á marcha.  A persoa ocupante non se atopaba no lugar.

O operativo consistiu na sinalización e conservación das medidas de seguridade, e nel participou tamén a Garda Civil e os responsables do mantemento da estrada.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviu en accidente na AG-11 ao seu paso polo Concello de Rianxo xunto Garda Civil e Mantemento da autoestrada. Bombeiros Boiro

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.