“A última marea” – José Manuel Pena

26 Xullo 2024

Non resulta estraño que cada vez haxa menos persoas que desexen optar pola profesión do sector náutico pesqueiro. O futuro, para a maioría dos mozos, xa non é o mundo do mar. O traballo excesivo, o elevado número de horas e días de traballo así como os meses que teñen que pasar lonxe da súa familias, sen esquecerse dos sinistros mortais que se producen, afástanos desta profesión.

Cando sales para coller o voo correspondente que te levará por medio mundo en busca do porto base da embarcación pesqueira na que vas faenar, a ilusión e a esperanza son as sensacións máis fortes. Logo atópaste cos antigos compañeiros de profesión, con total alegría, e saes a faenar, pero nunca pensas que pode ser a túa última marea. Que mesmo podes perder a vida ou vivir momentos de auténtico inferno en mares violentos, augas xélidas e con centenares de millas de distancia desde a terra máis próxima.

A embarcación pódese chegar a afundir no medio do océano. As balsas salvavidas ábrense e saltan todos os tripulantes, cos traxes de supervivencia. Hai un forte temporal e os mariños están máis de vinte horas nas balsas salvavidas. Golpe tras golpe de mar, chégalles a desesperación e ninguén os recata, a pesar de escoitar o zunido das hélices de varios helicópteros. Ao final un buque atópaos con vida e outros compañeiros xa faleceran ou desapareceran. Para estes últimos, foi a súa última marea. Non podemos por menos que lanzar un recordo moi especial e a nosa solidariedade para todas as familias dos falecidos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.