A Semana do Mar da Pobra exaltará a tradición mariñeira local entre o 5 e o 14 de xullo

04 Xullo 2024

O inicio do mes de xullo estará marcado na Pobra do Caramiñal pola Semana do Mar. A concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, e unha das técnicas municipais desta área, Sara Sánchez, foron as encargadas de presentar esta nova convocatoria que se estenderá do 5 ao 14 de xullo.

Segundo contextualizou a concelleira, “o noso litoral é pasado, presente e futuro. Fala de onde vimos e quen somos como pobo, pero tamén ten un alto potencial a nivel turístico. Por esa razón, dende a Concellaría do Turismo vertebramos gran parte da nosa liña estratéxica arredor da costa. E estamos no verán, polo que non hai mellor ocasión para seguir explorando a tradición mariñeira da Pobra do Caramiñal. Para iso, traemos actividades de diversa natureza e para tódolos públicos. Combinamos así novas propostas con outras afianzadas xa nas anteriores edicións da Semana do Mar”.

Tamén fixeron saber que un dos pratos fortes desta programación é a feira mariñeira que dinamizará o núcleo urbano nos días 12, 13 e 14. Arredor de 40 postos de artesanía e alimentación concentraranse na praza Victoriano García Martí, no Cantón da Leña, nas rúas do Estremo e Unión e os Xardíns de Valle-Inclán. Habilitarase tamén unha área exclusiva para o divertimento das crianzas.

O cartel arranca o día 5 coa apertura da exposición Compañeiras do mar e do ceo, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Poderá visitarse na Casa Mariñeira ata o día 14, no horario habitual da oficina do Turismo.

Tamén hai unha actividade pensada en exclusiva para as nenas e nenos: o espectáculo infantil Abordaxe pirata, de Barafunda Teatro. Representarase no día 8, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

Na xornada seguinte, día 9, porase o foco na gastronomía cunha mostra e degustación culinaria en base á conserva con Miguel Mosteiro. Terá lugar nos Xardíns de Valle-Inclán, ás 20.00 horas.

E no día 12 será o momento de vivir a pé de praia o turismo mariñeiro. As mariscadoras explicarán o seu oficio para despois experimentar o en primeira persoa. A saída efectuarase dende a Casa Mariñeira con dirección á praia dos Areos, ás 11.00 horas, e require inscrición previa, se ben é de balde.

Para máis información e reserva de praza no obradoiro de marisqueo a pé habilítanse as seguintes canles: de maneira presencial na propia oficina do turismo (de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.00 horas, e nos sábados, de 10.00 a 14.00 horas); telefonicamente no 981843280 (marcando a extensión 2035), 687482835 ou 671090262; e no enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.